DEDICADO a TODA MI FAMILIA, en especial a MIS ABUELITOS CRIS Y TOÑO y a mi HERMANITO DIEGO. Iago.

LAS NOTAS DEL COLE

No tengo notas, mandan un informe a casa, a mis papis les gustó mucho, dicen que en el cole soy más listo que en casa. Creo que me van a exigir más en casa... (porque eso de ponerme los calcetines y los zapatos, no sabían que lo sé hacer completo).


ALUMNO: lAGO
INFORME FINAL XUÑO 2007
Area 1. Identidade e autonomía
Mellorou moito no vestido e desvestido. Necesita moi pouca axuda para abotoarse e coloca el só: camiseta, xersei, pantalón, mandilón, calcetíns e zapatos con velcro. Sigue dunha maneira encadeada todas as actividades e necesita soamente supervisión. No coidado persoal tivo unha evolución positiva: se lava sen axuda as mans, a cara, os dentes, enxaugue e peiteado, chegando incluso a pedir colonia o finalizar o secado. Cada vez aparecen conductas máis autónomas e se reduce a dependencia as ordenes.
Ten moitísima autonomía e mantense sentado durante a comida. Admite moitos alimentos que o principio rexeitaba. E moi relevante que lIe gusten os vexetais e especialmente a leituga, cenoria,... Todas as froitas: maza, fresas,... Relacionase dunha maneira especial con algún compañeiro e interactúa en xogos: as agachadas, de fantasmas,... Deixou totalmente de saudar "dunha maneira especial" e os"gritillos" tamén son esporádicos. Recoñece perfectamente os detalles do corpo: uñas, nariz, dentes, cellas, fronte, ródollas e outras. Tamén as características do seu propio corpo: delgado, alto, neno/nena. Identifica as necesidades básicas: sede, frío, calor, sono, cansazo. Discrimina as sensacións e percepcións: calor/frío, suave/áspero.
Recoñece olores agradables e desagradables: colonia, colacao, canela, allo, ...Discrimina sons fortes/débiles, sons agradables, ruídos,...
Identifica entre outros emociones ou estados de ánimo (contento,enfadado).
Expresa emociones ou estados de ánimo (contento, triste, enfadado, sorpresa)
Colabora moitísimo en recoller o material utilizado e o realiza el solo. Colga súas prendas de vestir no perchero. Colabora e lIe gusta manter limpos os espacios nos que desenvolve as actividades diarias: recolle os papeis do chan, os tira a papeleira
e incluso IIe gusta limpar a mesa despois de realizar actividades como pintura de dedos ou plastilina.
Área 2. Medio Físico y Social
Vai aceptando os cambios e novas experiencias, non IIe producen tanta ansiedade os sitios descoñecidos e se sente detrás unha pequena "seguridade" aventurase sen demasiado problema. Sigue mostrando unha actitude moi aberta. Realiza pequenos recados por espacios habituais e se para nas outras clases cando a el IIe interesa o que percibe do interior pero sen chegar a entrar. Recoñece perfectamente o resto dos alumnos do colexio e agradece as mostras de afecto e cariño dos seus compañeiros. Recoñece perfectamente os cambios do entorno e nas saídas realizadas sabe exactamente onde encontraremos o can negro que é o seu "coleguilla", o gato do edificio polo que pasamos as veces, o súper cércano a medida que nos vamos aproximando. Coñece a vestimenta adecuada segundo o momento: a piscina, se fora vai moito calor,... Gústalle participar en situacións comunicativas do grupo. Clasifica animais en función de diferentes criterios: os que son animais e os que non o son, se son domésticos ou salvaxes, os que voan.
ÁREA 3. COMUNICACiÓN Y REPRESENTACIÓN
Comprensión y Expresión
Asocia perfectamente pictogramas a fotos de obxectos reais. Demanda e expresa información sinalando. Chama a persoas significativas do seu entorno. Imita vocalizacións. Pide obxectos emitindo sons. Pide continuar unha acción cando finaliza si el esta moi participativo. Si necesita axuda a pide e faise entender, mediante sons, sinando ou sinalando. Proporciona información cando se lIe pregunta. Mostra obxectos que lIe interesan en cada momento. Comprende xestos naturais. Orientase cara a fonte dun son. Responde o seu nome. Comprende palabras familiares e do seu entorno próximo referidas a: obxectos da aula, prendas de vestir, obxectos da casa, dependencias da casa, obxectos da escola, e outros elementos do seu interese como-poden ser animais ou alimentos. Comprende palabras relativas a calidades: bonito, feo, ... Comprende ordenes sinxelas e contextualizadas. Comprende preguntas con interrogadores: quén, ónde, para qué. Emite palabras de dúas sílabas con reduplicación silábica: papá, mamá, pipí, Lolo, e sen reduplicación silábica: hola, chao, agua.
Aproximación a linguaxe escrita
Asocia obxectos iguais. Asocia imaxines iguais. Asocia imaxines ou fotografías con situacións da vida cotiá. Comparte a atención con o adulto a través dun conto. Gústalle mirar un conto.
Expresión Plástica
Enche figuras. Utiliza diferentes técnicas plásticas: punzar, pintar, pegar, amasar, ... Recoñece a cor vermella.
Expresión musical
Gústalle moitísimo ir o Taller de Percusión. Escoita moito mais relaxado a música e gústalle moito bailar. Discrimina sons producidos polo seu propio corpo. Tamén discrimina sons do ambiente. Realiza onomatopeas de animais domésticos: can, vaca, ovella. Tenta reproducir unha canción: coa melodía, os xestos.
Relacións, medidas e representación no espacio.
Recoñece a cor vermella. Agrupa obxectos en función dos criterios sinalados. Recoñece os cuantificadores: todo/nada, grande/pequeno. Coñece conceptos espaciais: encima/debaixo, cerca/lonxe, dentro/fora.
Este curso tivemos moitas celebracións e disfrutamos moito en distintas actividades fora do Colexio, algunhas delas as temos gravadas en vídeo.
Celebramos o "Día do Libro" cun obradoiro de conta contos e para iso viñeron os maiores a lemos o conto da "Carapuchiña vermella" e outro inventado por eles.
Celebramos o "Día de Europa" participando nun debuxo con tódolos nenos de outros países. Xa que temos un obradoiro de pintura con nenos dos colexios de Rumania e Grecia: O acabalo enviámolo para o seu colexio.
Asistimos no Pavillón de Porriño a gala benéfica a favor do Colexio e desfilamos coa roupa que nos emprestaron os comercios.
Tamén celebramos a festa dos Maios con varios xogos e con dous maios que tamén fixemos en plástica.
Fomos o parque da Canuda en Salvaterra e pasamos alí toda a maña. Temos un vídeo no colexio no que saímos todos dun xeito moi divertido.
Miramos en Caixanova a peli "El elefantito" con outros nenos de distintos colexios de Vigo.
No Centro Cultural de Porriño fomos a ve-los títeres da "raposiña vulevule" e outros animaliños do bosque.
Celebramos o día mundial do medio ambiente coas aulas dos maiores e participamos na recollida selectiva de papeis, plásticos, cartóns, ...
Tamén montamos a cabalo tódolos nenos do colexio. Viñeron dun Clube Hípico e trouxeron o cole dous cabalos estando toda a maña de paseíño con eles.
Os últimos días do cole fomos a Zoovigo a Madroa.
O acuario da portada da carpeta, fixémolo nos no Obradoiro de Pintura e quedounos chulisimo. Que pasedes un feliz verán e ata o próximo curso.
As profesoras.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Feliciades Iago!!!

Esas notas son estupendas. Moito mellores que as de algún dos meus alumnos je je

Agora a disfrutar do verán pero sigue contándonos o que fas eh!

Un bico gordo para toda a familia

Marinha de Allegue dijo...

N O R A B O A Iago, P A R A B E N S!!!.

Unha Aperta grande e un Beijo enorme.
:)

paideleo dijo...

Mimá: iso si que son notas e non as que nos daban a nós. Vaia informe completo e detallado. e que cantidade de actividades extraescolares !.
Alédome de que Iago vaia avanzando máis e máis.

mamiago dijo...

gracias chicos.

Yoly dijo...

Te felicito Iago, buen trabajo. Adelante.

abueloscrisytoño dijo...

Queridos profes!MUCHAS GRACIAS¡

mamiago dijo...

Gracias. A mi se me cae la baba.
Por cierto, sabía que le gustan mucho los caballos a Iago, pero no lo veía montado en uno... Me encantaría verlo. A ver que se puede hacer.

Anónimo dijo...

Es increíble todo lo que has conseguido este año ¡Enhorabuena!. Todos sabemos que te queda muchísimo por aprender y que te estas esforzándo al máximo. No importa el nivel en que estes o la edad que tengas. Lo importante es seguir caminando. Cada uno a su ritmo. Un besazo de todos los que te quieren desde Baiona. ¡Sigue asi! y demuestra todo lo que puedes hacer.

Publicar un comentario

hablan por mi: